Mostrando entradas con la etiqueta 5º EP. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 5º EP. Mostrar todas las entradas

Martes 17 de marzo

Ola, bo día, espero que hoxe teñamos moitas ganas de traballar. De non ser así, espero que as actividades que imos facer vos resulten interesantes.

5ºEP CIENCIAS NATURAIS

Imos repasar o que estivemos vendo na clase estes días sobre os órganos dos sentidos.

Para facelo imos ir a ver unha actividade do programa abalar.
Lembra que tes que ir en orde, seguindo os puntos que marca o programa. Cando remate a exposición tes que ir avanzando utilizando os números da parte superior dereita do cadro.

Na columna da dereita no espazo dedicado a Ciencias  5º EP tedes un enlace ao programa os sentidos e os seus órganos .

Tamén podes acceder clicando no seguinte enlace:
https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1285230181/contido/index.html



6ºEP CIENCIAS NATURAIS

Iniciamos unha unidade nova: electricidade e magnetismo.

No día de hoxe temos que ver un vídeo en Edpuzzle sobre a electricidade estática. Vai contestando as preguntas a medida que o vas vendo e lembra que sempre podes paralo ou velo varias veces.

A medida que avanzas no vídeo, vai facendo un breve resumo do que che pareza máis importante
Para poder ver o traballo que estás a facer podes facer unha foto a folla do resumo e enviarma por correo.

Se conseguides máis dun 80% de acertos non tedes que facer o resumo

Déixoche tamén dous enlaces a posibles experimentos de electricidade estática:


Consulta coa túa familia a posibilidade ou non de facelos.

Se tedes algunha dúbida enviádeme un correo a roberto@centrogalen.com ou podedes escribir nos comentarios do blog. Responderei o antes posible.


Unha aperta moi grande


12 novembro


5º EP
Estamos a estudar o aparato respiratorio. Na columna da dereita no espazo dedicado a Ciencias  5º EP tedes un enlace ao programa do aparato respiratorio .

12 novembro

5º EP
Este video amosa moi ben o intercambio de gases ( osíxeno e dióxido de carbono) entre os alveolos pulmonares e os capilares sanguíneos.

29 de outubro

5º EP

Na columna da dereita tedes un espazo dedicado a Ciencias 5º EP. Se facedes dobre clic no enlace de "A nutrición" podedes acceder ao programa que estivemos vendo na clase.

21 outubro

5º EP
Iniciamos o estudo do aparello dixestivo. Estes dous videos, servennos, un deles, como inicio do tema e o outro para coñecer mellor os nosos dentes.




15 novembro

5º EP
Os alumnos de 5º estades a estudar o aparato excretor. Estes videos sobre o sistema urinario poden ser de interese.

Na columna da dereita, no espazo dedicado a Ciencias, tedes un enlace ao programa do aparato excretor que traballamos na clase

 


13 novembro

 Disección de pulmóns 5º EP


Para poder ver mellor todas as partes do aparello respiratorio o alumnado de 5º EP fixo unha disección de pulmóns. Así puidemos observar a larinxe, a traquea, os bronquios e bronquiolos.


6 novembro

5º EP  Observación dunha macrocélula.

Os nenos e nenas de 5º EP estudamos as células.

Na aula observamos unha macrocélula: un ovo. Así distinguimos as súas partes: membrana, citoplasma e núcleo.

6 novembro

5º EP
O sangue: compoñentes.

5 Novembro


5º EP

Iniciamos o estudo do aparello circulatorio. Na columna da dereita, no espazo dedicado a Coñecemento do Medio, tedes un enlace ao programa do aparato circulatorio que traballamos na clase.

14 de setembro

5º EP, 1º ESO

Estamos a estudar o universo e o sistema solar. Se fas clic" sobre o texto en azul, poderás ver o programa que estivemos traballando na clase.

13 setembro



 5º EP
Estamos co estudo do Universo. Na columna da dereita, no espazo dedicado a 5º EP Ciencias, tedes un enlace a un video sobre o sistema solar