5ºEP CIENCIAS NATURAIS
Imos repasar o que estivemos vendo na clase estes días sobre os órganos dos sentidos.
Para facelo imos ir a ver unha actividade do programa abalar.
Lembra que tes que ir en orde, seguindo os puntos que marca o programa. Cando remate a exposición tes que ir avanzando utilizando os números da parte superior dereita do cadro.
Na columna da dereita no espazo dedicado a Ciencias 5º EP tedes un enlace ao programa os sentidos e os seus órganos .
Tamén podes acceder clicando no seguinte enlace:
https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1285230181/contido/index.html
6ºEP
CIENCIAS NATURAIS
Iniciamos unha unidade
nova: electricidade e magnetismo.
No día de hoxe temos
que ver un vídeo en Edpuzzle sobre a
electricidade estática. Vai contestando
as preguntas a medida que o vas vendo e lembra que sempre podes paralo ou velo
varias veces.
A medida que avanzas no
vídeo, vai facendo un breve resumo
do que che pareza máis importante
Para poder ver o traballo
que estás a facer podes facer unha foto a folla do resumo e enviarma por correo.
Se conseguides máis dun 80% de acertos non tedes que facer o resumo
Déixoche tamén dous
enlaces a posibles experimentos de electricidade estática:
Consulta coa túa familia a posibilidade ou non de
facelos.
Se tedes algunha
dúbida enviádeme un correo a roberto@centrogalen.com ou podedes escribir nos comentarios do blog. Responderei o antes
posible.
Unha aperta moi
grande
No hay comentarios:
Publicar un comentario