Luns 16 de marzo


Ola, bo día a a todos e todas, iniciamos unha semana curta, pero moi distinta a todas as anteriores. Moito ánimo. Sabemos que contamos con todo o voso esforzo e coa axuda das vosas familias para facer un gran traballo.


5ºEP CIENCIAS SOCIAIS

Lembrade que o xoves 12 (último día de clase) vos dei material para que utilizando os datos que xa tedes de “As Palmas” facer unha gráfica. As Palmas como xa sabedes ten clima subtropical.

Unha vez feita a gráfica, analizaremos os datos  e escribiredes pola parte de atrás, como é o clima subtropical (é dicir, como son as precipitacións e como as temperaturas)

Despois tedes que ler a ficha: “O clima subtropical”. Tedes que facer un subliñado do máis importante e contestar as preguntas.

Lembrade tamén que tedes un cadro resumo de todos os climas. Completádeo

Se non tedes o material podedes descargalo aquí:



 Para poder ver o traballo que estades a facer podedes facer unha foto á ficha e enviarma por correo. (que a foto sexa boa)


6ºEP CIENCIAS SOCIAIS

Nos estabamos a estudar os ríos de España. Para poñer remate a esta unidade fai un resume das características dos ríos de cada vertente hidrográfica.

Despois, utiliza o mapa que eu che envío para corrixir o mapa de ríos que ti elaborache na clase.
Por último fai un mapa no que coloques todos os ríos estudados.

O resumo  e o mapa enviamos por correo para ver o bo traballo que fixeche.

O material que necesitas podes descargalo aquí:

https://es.slideshare.net/robertolopezveiga/mapa-rios-con-nomes

https://es.slideshare.net/robertolopezveiga/mapa-rios-sen-nomes

.................................................................................................

Se tedes algunha dúbida enviádeme un correo a roberto@centrogalen.com ou podedes escribir nos comentarios do blog. Responderei o antes posible.

Unha aperta moi grande

No hay comentarios:

Publicar un comentario