Mostrando entradas con la etiqueta 2º eso rota románico. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 2º eso rota románico. Mostrar todas las entradas

25 de xaneiro

2º ESO, Rota do Románico 



Os alumnos e alumnas e 2º ESO fixemos traballos grupais de investigación sobre  4 igrexas románicas da Ribeira Sacra.

-Igrexa de Santa María en Ferreira de Pantón
-Igrexa de San Miguel en Eire
-Igrexa de San Paio en Diomondi
-Igrexa de San Estevo en Ribas de Miño

Despois fomos a visitar as igrexas para poder observar os elementos do románico traballados.
Como rematamos preto de Belesar, achegámonos a Pincelo, para que Esther nos dera un bo xantar.
Esther é unha coñecida nosa, pois xa estivemos hai dous anos vendimando nas súas viñas.

De volta ao cole, aproveitando o estado tan baixo das augas do embalse de Belesar, achegámonos a ver o Castro de Candás, que coa construción do embalse quedou somerxido baixo as augas.

Aínda que a temperatura era baixa, o sol acompañounos e gozamos dun bo día, no que aprendimos moito.

 Podes ver un resume:   https://www.youtube.com/watch?v=9QhhMvoPy48