1 de decembro

6º EP

Os alumnos de 6º de E.P. participaron na VIII edición do goberno municipal infantil promovido polo Concello de Lugo. Elaboraron propostas sobre as seguintes áreas:

· Cultura e Educación
· Medio Ambiente
· Urbanismo
· Benestar Social
· Deportes
· Tráfico e Protección da Comunidade.
· Cidade Rural
· Desenvolvemento Xuvenil

Por último, neste ano, no que se celebra o décimo aniversario da muralla de Lugo como patrimonio da Humanidade, pensaron que sería interesante saber como foi a historia máis recente da nosa muralla. Para isto entrevistaron aos avós e avoas a fin de saber o que supuña para eles a muralla e coñecer algúns feitos e anécdotas relacionadas con este monumento. Despois ese traballo, de entrevistas e recompilación de fotografías, plasmouse neste vídeo:


2 comentarios:

  1. Muy interesante. Preciosa la musica y las imagenes. De un gran interés humano.

    ResponderEliminar
  2. Mira que facemos cousas entrañables neste cole.... Parabéns a 6º de EP. Bo traballo!!!

    ResponderEliminar