5ºEP
CIENCIAS SOCIAIS
Ola, bo día a todos e
todas,
Hoxe imos comezar un novo
tema: O relevo de España.
Iniciaremos coloreando (suavemente)
un mapa do relevo de España que
podedes baixar do seguinte enlace:
As zonas que están en
negro, quedarán desa cor.
As zonas que están
raiadas deberán colorearse en cor marrón escura
As zonas punteadas
deberán colorearse en cor marrón clara
As zonas en branco
deberán colorearse en cor verde.
Neste enlace podedes ver como
debería quedar coloreado:
Unha vez coloreado, debedes
poñer os nomes dos seguintes sistemas montañosos: Sistema Central, Montes de
Toledo, Serra Morena, Sistemas Béticos, Macizo Galaico, Cordilleira Cantábrica,
Sistema Ibérico, Pireneos, Sistema Costeiro Catalán e Montes Vascos
Se tedes algunha dúbida
enviádeme un correo a roberto@centrogalen.com ou podedes escribir
nos comentarios do blog. Responderei o antes posible.
Unha aperta moi grande
No hay comentarios:
Publicar un comentario