8 de marzo día da muller
A orixe desta data remóntase a 1857 cando en Nova York houbo unha marcha de mulleres traballadoras dunha fábrica téxtil en protesta polas condicións do seu traballo.
Outro feito importante que condicionou esta data ocorreu en 1908 tamén en Nova York cando un grupo de mulleres traballadoras, costureiras industriais, de grandes fábricas decláranse en folga para protestar polas súas condicións laborais, piden un aumento dos salarios, unha redución da xornada laboral e a fin do traballo infantil. Durante esta folga pacífica 129 mulleres morreron queimadas nun incendio na fábrica Cotton Textile Factory, este incendio foi provocado polos mesmos donos da fábrica. Crese que isto ocorreu o 8 de marzo dese ano.
O 8 de marzo de 1977 a oficina da Nacións Unidas declarou ‘O Día Internacional de Mulleres Traballadoras’.
Este día é para dar ás mulleres o respecto e a igualdade que se merecen, algo que debe estenderse a todos os días do ano.
No hay comentarios:
Publicar un comentario