1 de abril


1º ESO

O próximo xoves 6 de abril temos un control do tema: a prehistoria. Como de costume deixo este pdf por se vos pode axudar a ver os aspectos máis importantes do tema.

8 de febreiro

En 6º EP e 1º ESO estamos a estudar xeografía física ben de España, Europa, Asía, África, América ou Oceanía.
Deixovos este video por se vos pode servir de axuda para estudar xeografía.
Lembrade que en 6º Ciencias e 1º ESO sociais tedes enlaces a paxinas que vos poden axudar.


video

7 de febreiro

2º ESO
Estivemos a estudar "Os reinos cristiáns hispánicos". Deixovos un Pdf que vos pode axudar a estudar este tema.

1 febreiro

Na clase de 5º EP estivemos falando da transhumancia. Este vídeo pode axudarnos a entender mellor esta actividade grazas ás informacións, entre outros, do Tío Mariano, un pastor transhumante.

video

1 febreiro

5º EP
Video sobre as devesas estremeñas (Monfragüe) e o seu aproveitamento
video

26 de xaneiro

2º ESO
Rematamos de estudar Al-andalus. Para preparar mellor o tema deixovos un pdf no que aparecen os aspectos máis importantes.
Tamén vos deixo dous videos un sobre a Mesquita de Cordoba e outro sobre a Alhambra de Granada.

video


video

26 de xaneiro


1º ESO

Estamos a estudar "As paisaxes da Terra”. Déixovos un Pdf que recolle os aspectos mais importantes de cada paisaxe: temperaturas, precipitacións, vexetación, ... 

25 de xaneiro

2º ESO, Rota do Románico 



Os alumnos e alumnas e 2º ESO fixemos traballos grupais de investigación sobre  4 igrexas románicas da Ribeira Sacra.

-Igrexa de Santa María en Ferreira de Pantón
-Igrexa de San Miguel en Eire
-Igrexa de San Paio en Diomondi
-Igrexa de San Estevo en Ribas de Miño

Despois fomos a visitar as igrexas para poder observar os elementos do románico traballados.
Como rematamos preto de Belesar, achegámonos a Pincelo, para que Esther nos dera un bo xantar.
Esther é unha coñecida nosa, pois xa estivemos hai dous anos vendimando nas súas viñas.

De volta ao cole, aproveitando o estado tan baixo das augas do embalse de Belesar, achegámonos a ver o Castro de Candás, que coa construción do embalse quedou somerxido baixo as augas.

Aínda que a temperatura era baixa, o sol acompañounos e gozamos dun bo día, no que aprendimos moito.

 Podes ver un resume:   https://www.youtube.com/watch?v=9QhhMvoPy48


13 de decembro

6º EP
O alumnado de 6º EP estivemos aprendendo algo máis sobre as árbores que rodean o no
so centro.
Podes acceder a través do seguinte enlace: https://www.youtube.com/watch?v=j_RtjmcQVDg

28 de novembro


1º ESO
Os alumnos de 1º ESO  estades a trabalar o tema 4: "O clima". Sabedes que se aproxima tempo frío e tormentoso. Este documento pode axudarvos a pasar esta situación sen coller ningún resfriado.